Fomentamos as vocacións científicas e
tecnolóxicas entre as alumnas
O desenvolvemento das competencias en ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) é un dos obxectivos fundamentais da axenda educativa a nivel mundial, pero os informes destacan a baixa participación das rapazas nestes estudos e profesións.
En 2019, xunto coa nosa fundación, Fundación Aquae, puxemos en marcha o programa educativo Aquae STEM, dirixido a nenas de 3.º a 6.º de primaria. O seu obxectivo: reforzar a confianza no seu propio talento e habilidades en contornas STEM, compartindo experiencias e resultados cos seus compañeiros de clase e implicando as familias e a comunidade educativa.
En 2022, lanzamos unha segunda fase, reforzando a aposta pola dixitalización e incorporando o coidado da auga e a crise climática como eixos centrais das actividades. Así, as 15 unidades didácticas e os retos que se lles presentan ás participantes resólvense combinando a construción de modelos físicos de Lego Education e a utilización dunha plataforma dixital de aprendizaxe.
Metodoloxía:
- Conectar (espertar a súa curiosidade por coñecer como funciona o mundo real)
- Construír (mellorar as súas habilidades STEM mediante actividades prácticas)
- Contemplar (levar á reflexión e compartir coñecemento coa contorna)
- Continuar (consolidar coñecementos, habilidades e a motivación para seguir aprendendo)